Alfred Nobel
Por Daniel Pena Bonome, 4º ESO.
Alfred Nobel (1833-1896) creou os galardóns que levan o seu nome para recoñecer grandes descubrimentos que se fixesen cada ano en beneficio da humanidade. Pero, quen era Nobel e que o empuxou a crear os premios máis importantes e prestixiosos do mundo?
Alfred era fillo de Andriette Ahlsell e Immanuel Nobel, un empresario sueco que fixo fortuna en Rusia construíndo fábricas, maquinaria e armamento para o goberno ruso. Alfred estudou enxeñería e química e creou tamén os seus propios inventos: ao longo da súa vida rexistrou ata 355 patentes!
A creación da conocida fundación que leva o seu nome baséase na última vontade de Alfred Nobel, quen expresou no seu testamento o desexo de que o seu diñeiro fose usado para crear premios de Física, Química, Paz, Fisioloxía ou Medicina e Literatura.
O inventor da dinamita:
Alfred era un mozo tímido, curioso e moi intelixente. Gustáballe moito ler e falaba cinco idiomas: sueco, ruso, francés, inglés e alemán. Cando era pequeno, imaxinábase sendo poeta (gustábanlle moito Lord Byron e Shelley) pero o seu pai quixo que entrase no negocio familiar.
Formouse como enxeñeiro e químico con algúns dos científicos máis importantes da época. Seguindo os pasos do seu pai, que inventara minas e torpedos, Alfred realizou experimentos coa nitroglicerina, un material altamente inestable e explosivo que se descubriu en 1846.
Por mor das súas investigacións inventou a dinamita, un explosivo que, desgraciadamente, tivo moito éxito. A gran demanda de dinamita durante as guerras europeas que se sucederon nos seguintes anos converteron a Alfred Nobel nun home moi rico.
Gran parte do mérito correspóndelle ao italiano Ascanio Sobrero, tamén químico. En 1847 descubriu a nitroglicerina mentres traballaba na Universidade de Turín. Mesturou acedo nítrico concentrado, ácido sulfúrico e glicerina e o tubo de ensaio onde o fixo rebentou coa explosión.
Non é de estrañar que o propio inventor mantivese en segredo o seu achado durante máis dun ano e que despois desaconsellase utilizalo porque era tan inestable que parecía imposible de manexar. Bastaba con axitar levemente a mestura ou un cambio de temperatura para que todo saltase polo aire.
En 1850 viaxou a París e alí coñeceu a Ascanio Sobrero. A pesar das reticencias do italiano, o seu invento estaba a difundirse cunha rapidez abraiante. Por primeira vez atopábase un explosivo máis potente que a pólvora negra, así que prometía moito para a construción, a minería e a industria militar. Pero o problema seguía sendo a seguridade.
O 3 de setembro de 1864. Unha fábrica da familia onde se manipulaba a perigosa mestura explotou e matou a cinco persoas. Unha delas era Emil, irmán menor de Alfred.Ao parecer, o terrible suceso causoulle un gran impacto ao mozo inventor, pero non se botou para atrás, senón que construíu máis fábricas, aínda que decidiu que a prioridade ía ser mellorar a estabilidade dos explosivos. A solución, patentada en 1866, foi que a nitroglicerina queda absorbida por un material sólido e poroso, unha roca chamada diatomita que está formada por fósiles dunhas algas microscópicas chamadas diatomeas.
Así, formábase unha pasta que podía ser envasada en tubos de cartón que serían transportados con facilidade e sen perigo. De feito, para conseguir que explotasen era necesario un detonador eléctrico ou químico. Nacera a dinamita, que revolucionou as minas e as obras públicas en todo o mundo e deulle fama e sobre todo unha riqueza inmensa ao seu inventor.
Así, formábase unha pasta que podía ser envasada en tubos de cartón que serían transportados con facilidade e sen perigo. De feito, para conseguir que explotasen era necesario un detonador eléctrico ou químico. Nacera a dinamita, que revolucionou as minas e as obras públicas en todo o mundo e deulle fama e sobre todo unha riqueza inmensa ao seu inventor.
Por que creou os premios?
Alfred Nobel sempre se considerou a si mesmo un pacifista, aínda que a súa principal fonte de ingresos foi a produción e comercialización de dinamita, un explosivo que se utilizaba sobre todo nas guerras.
Aínda que a súa biografía oficial non o recolle, a historia conta que Nobel creou os premios para compensar o dano que, indirectamente, causara ao inventar a dinamita. Con todo, esta versión non está confirmada e a verdade é que Nobel nunca renegou do negocio da guerra.
Nunha carta á activista pacifista Bertha von Suttner, Alfred Nobel aseguraba que as armas tiñan un efecto disuasivo maior que as manifestacións e as campañas pola paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.