Catastrofismo VS Uniformismo
Desde tempos inmemorables as distintas sociedades que habitaban o planeta Terra facíanse unha pregunta: como se creou a Terra?
As respostas foron xurdindo, en forma de mitoloxía na maioría dos casos (mitoloxía nórdica, grega...) ata que a finais do século XVIII e inicios do XIX xurdiron dúas teorías científicas que gozaron de gran peso e seguimento na comunidade científica: o Catastrofismo e o Uniformismo.
O catastrofismo é unha corrente de pensamento promovida por George Cuvier, un gran paleontólogo que defendía que a evolución da vida e a Terra tivo lugar a base de grandes catástrofes que provocaron transformacións significativas ata chegar ao día de hoxe, e non grazas a unha transformación gradual. O tempo rematou demostrando que o castrofismo non estaba no correcto, xa que a maioría de cambios e evolucións nos seres vivos e na xeografía foron principalmente graduais, pero si que é certo que nalgunhas ocasións, como por exemplo a extinción dos dinosaurios tiveron lugar cambios a través de catástrofes.
George Cuvier foi unha figura moi influinte da época. Foi, ademais de paleontólogo, un naturalista francés e o fundador da anatomía comparada. O seu nome está grabado na torre Eiffel xunto cos outros 71 sabios.
James Hutton, o que formulou esta teoría, foi un xeógrafo e médico escocés do século XVIII. Tamén foi o pai do plutonismo, teoría que defendía a xeración das rochas como resultado de procesos volcánicos. Tras o seu falecemento foi Charles Lyell o encargado de retomar e difundir o uniformismo, debido a que a escritura de Hutton era liosa e complexa.
Hoxe en día sabemos que, aínda que os cambios na Terra foron principalmente graduais, si que tiveron lugar transformacións drásticas a partir de catástrofes, que afectaron ao proceso gradual conxunto.
https://youtu.be/LTSw3pOQUls
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.