Durante este mes de outubro iniciamos o Clube da Ciencia do IES Francisco Aguiar coa actividade "Vixía dos nosos ríos" en colaboración co Grupo Natuiralista Hábitat. A actividade realizou en 2 sesións, unha primeira no centro en que representantes do grupo Hábitat exlicaron ao alumnado de 1º ESo a importancia dos nosos ríos, un dos ecosistemas de maior importancia para a biodiversidade pero que ademáis ten un importante papel como regulador das choivas para evitar catástrofes como inundacións.
Tras esta formación do centro realizouse unha visita ao Río Mandeo, concretamente ao Lugar de Chelo. ali o alumnado fixo unha posta en práctica do aprendido, analizando o estado de conservación da conca fluvial e impactos sobre o ecosistema fluvial e o bosque de ribeira.
A actividade completouse coa realización de varias análises físico químicas así como de Macroinvertebrados bioindicadores do estado da auga.
Tras recoller estes datos clasificamos o estado do río, segundo o índice de referencia IBMWP, , cun valor de 153, sendo o estado do río de Bo. Esperemos que para outra inspección poida ser maior de 231 e pasar á clasificación de MOI BO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.