Un dos problemas dos plásticos no monte é que moitos foron fabricados a partir de Bisfenol A, un produto químico empregado na elaboración de envases como latas, plásticos e demáis produtos. Esta sustancia é tóxica e moitos estudos confirman que pode producir cancro, polo que é perigoso que a fauna e flora do monte entren en contacto con este tipo de envases.
Isto ocasiona un impacto directo para a fauna que inxire os plasticos, xa que pode ocasionar danos graves ou incluso a morte á fauna local (paxaros, corzos, xabaríns...).
Pero isto non remata aquí, xa que podemos observar un grave impacto indirecto, cando a toxicidade dos plásticos chega a outros niveis tróficos, envelenando a una gran parte do ecosistema, ata desembocar en nós, que acabamos recibindo no noso organismo todo o lixo que de forma despreocupada e sen darlle demasiada importancia botamos previamente ao monte.
Outro impacto indirecto é a contaminación que ocasiona, xa que os plásticos tardan centos de anos en degradarse, absorben materiais pesados, antibióticos, pesticidas e outros tóxicos. Unha botella de plástico tarda máis de 1000 anos en degradarse, e ao descompoñerse convirtese en microplásticos que poden acabar nas augas de ríos e lagos e contaminar, via acuática á fauna e flora local, ademais dos seres humanos.
Necesítanse 100ml de petróleo para producir soamente unha botella de plástico, non só a producción supón un perigo para o medio ambiente, senón que a eliminación de residuos tamén ten unha carga enorme.
Cada día abandónanse 30 millóns de latas e botellas en España, o 50% dos plásticos terminan en vertedoiros sen ser reciclados.
Para evitar isto debemos levar a cabo unha correcta xestión dos residuos poñendo en práctica as 3Rs (reducir, reutilizar e reciclar).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.