sábado, 16 de enero de 2021

 


IMPACTOS AMBIENTAIS DA NOSA TERRA


CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS



IMPACTO AMBIENTAL:

Contaminación por plásticos


No medio terrestre, cando un envase de plástico cae ao solo, prodúcese a liberación de substancias tóxicas que van dañar as súas propiedades (contaminación do solo). E o máis probable é que se acaben filtrando polo subsolo, afectando así ás augas subterráneas e nutrintes do solo.


A súa fabricación e quemado. Son as dúas grandes fontes de contaminación do aire. Libéranse toxinas bastante perxudiciais para o noso entorno e saúde.


A crecente produción do plástico e o seu uso ameazan con contaminar cada recuncho do planeta, especialmente os mares (contaminación das augas), destino final de moitos deles, onde prexudican seriamente a saúde dos ecosistemas acuáticos e a supervivencia das especies que os poboan. Podémolos atopar na praia, nas rocas, flotando na auga e mesmo nas zonas máis profundas.


|Dato curioso|: Cada ano, os mares e océanos son receptores de ata 12 millóns de toneladas de lixo.


CAUSAS:


Particularmente prexudiciais resultan os  microplásticos, fragmentos inferiores a 5 mm que poden vir da rotura de anacos grandes ou ser fabricados directamente así, como é o caso das  microesferas presentes en produtos de hixiene e limpeza como  exfoliantes, pastas de dentes ou deterxentes. Calcúlase que cada bote de 100 ml pode conter entre 130.000 e 2,8 millóns destas diminutas bólas de plástico que chegan ao mar a través do desaugadoiro, porque o seu tamaño tan reducido fai que non queden atrapadas polos  filtros das depuradoras. Estudos recentes observaron que os animais mariños están a inxerir estes  microplásticos, o que está a provocar bloqueos  gastrointestinales e alteracións nos seus patróns de alimentación e reprodución. Pero non queda aí: hai evidencias de que se transfiren ao longo da cadea alimentaria e chegan ata os nosos pratos.

E aínda hai máis, porque tanto os  microplásticos como os  macroplásticos teñen enormes impactos económicos e sociais. O lixo acumulado nas praias afecta directamente a un sector turístico dependente da boa saúde do litoral e o medio mariño, mentres que os necesarios labores de limpeza causan enormes desembolsos de diñeiro público.
 


BISFENOL A (BPA):

É un producto químico industrial que se utiliza para fabricar certos plásticos e resinas desde os anos sesenta. Pola súa capacidade de unirse aos receptores de  estrógenos coñéceselle como un potencial  disruptor  endocrino.


Encóntrase en plásticos de policarbonato (recipientes que almacenan alimentos e bebidas, como botellas de agua, e outros bens de consumo) e resinas epoxi (recubren o interior de productos metálicos, como latas de comida, tapas de botellas e condutos de suministro de auga). Algúnss selladores dentales e compostos tamén poden conter BPA.


É sospeitoso de ser daniño para os humanos desde a década dos trinta. Despois de que varios gobernos cuestionaran a súa seguridade, moitos medios de comunicación resaltaron os riscos do uso de bisfenol A en produtos de consumo, o que tivo como consecuencia que algunhas cadeas de venda retirasen produtos con este composto.


 



SITUACIÓN:


Calcúlase que entre o 15% e o 40% do plástico producido no mundo cada ano, ascaba nos mares. A situación mundial é dramática, máis aínda tendo en conta que a produción de plásticos segue aumentando (calcúlase que entre o 15% e o 40% do plástico producido no mundo cada ano, ascaba nos mares), e alcanzou os 380 millóns de toneladas ao redor do mundo en 2015. Estas cantidades, a súa fácil dispersión e o seu lento proceso de degradación converte ao plástico no inimigo número un de mares e océanos. O seu uso é un problema asociado aos modos de consumo, xa que a maioría empréganse para envases dun só uso. 


Estímase que na próxima década os nosos océanos terán ao redor de 1kg de plástico por cada 3kg de peixe.


|Dato curioso|: España é o quinto maior produtor de plástico da UE.




CONSECUENCIAS:


Problemas cutáneos. Hai certos compuestos químicos do plástico que pueden ser absorbidos pola nosa pel, o cal é bastante prligoso e soe desencadear en problemas dermatolóxicos.


Consumo de plásticos en la alimentación. O plástico no medio ambiente se vai fragmentando en trozos cada vez máis pequenos, que atraen e acumulan substancias tóxicas. Estos fragmentos contaminan xa todos os mares e costas do planeta. E están presentes en prácticamente todos os ecosistemas. Os fragmentos de plástico son inxeridos por animais, incluso por seres microscópicos como o plancton, contaminando a cadea alimentaria da que dependemos.


Degradación del ecosistema marino. Tanto polo seu impacto visual como pola contaminación que xenera, está sendo un grave problema para manter a biodiversidade en particular e a vida en xeral de estos entornos.


Formación de islas de basura. Xa hai algunhas delas no Pacífico e parece ser que debido á acelerada fabricación de envases, envoltorios, bolsas e outros produtos de plástico, non serán as únicas.


O plástico tarda centos de anos en descompoñerse no medio ambiente. Empregar masivamente un material tan duradeiro para obxectos refugables é un erro de consecuencias catastróficas a nivel global.



PREVENCIÓNS:


A ONU e a Unión Europea lanzaron unha advertencia: si non se frena o problema no ano 2050 haberá máis plástico que persoas. Tres de cada cinco especies mariñas teñen algún resto de material plástico no seu intestino, vertidos que cada ano, segundo a ONU, matan a unhas 100 000 aves, quenllas, tartarugase outros especímenes. 



A reciclaxe dos plásticos NON é unha solución sostible.


A gran maioría dos refugallos plásticos recolleitos para reciclar en realidade son exportados a países pobres, incinerados, convertidos en obxectos non reciclables, ou lanzados directamente á entulleira.


Por iso, a verdadeira solución é REXEITAR o plástico de usar e tirar. #Ante este problema, Que podemos facer? 


  • Reducir o consumo de plástico

  • Mellorar a xestión da reciclaxe, tanto a nivel industrial como individual

  • Xestionar o uso que facemos a diario do plástico

  • Unirche a iniciativas como  Agüita con el plástico  ou  Clean  Ocean Project

  • En definitiva, adoptar un estilo de vida sostible 



EXPLOTACIÓN DE RECURSOS NATURAIS


A explotación dos recursos naturais refírese ás actividades de extracción e procesamento da materia prima dispoñible na natureza por parte do ser humano, coa fin de obter de enerxía e de manufacturar insumos industriais ou produtos elaborados de consumo.


Monserrat Meraz Informatica 3AF

IMPACTOS AMBIENTAIS


  • Deforestación

As causas da deforestación son as actividades que desarrollamos os seres humanos, xa que se cortan millóns de hectáreas de bosque coa fin de extraer madeira e convertilas en futuras terras de cultivo. Outra sería que os humanos provocaron que os núcleos urbanos se extenderan. No verán, os incendios forestais acaban con millóns de hectáreas dos nosos bosques. Xunto co cambio climático, estos incendios forestais se producen con máis frecuencia, ademáis de ser máis destructivos para o medio ambiente.


  • Sobrepesca

As causas da pesca ilegal ou a pesca de arrastre de profundidade son os grandes problemas que aumentan a sobreexplotación do mundo mariño. No último caso, falamos dunha técnica de pesca insustentable moi destrutiva: as grandes redes destos buques arrastran o fondo oceánico destrozando e atrapando todo ao seu paso. Do capturado, entre o 30% r o 60% corresponde a especies que se pescaron de forma accidental. Todo se tira pola borda. 


  • Explotación de petróleo

Estas son algunhas das causas:

  • O fracking implosouno o mercado

  • Exceso de oferta de petróleo

  • Irán: máis crudo en circulación

  • A demanda non se recupera e China desacelérase

  • As temperaturas foron máis altas do normal

 

CAUSAS

Aumento da poboación humana:

Nas últimas décadas a nosa poboación aumentou de forma exponencial, cada vez hai máis necesidades humanas básicas que cubrir, máis persoas necesitan recursos para vivir.


Aumento das actividades humanas e da demanda:

Contido no punto anterior, hai que destacar que dende as últimas décadas ata a  actualidade, as actividades que facemos día a día aumentaron moito e, por iso, péscase moito máis, tálanse máis árboles estráese máis petróleo…


Uso inadecuado dos recursos naturais:

Antes reutilizábamos máis todos os materiais, ata cuidábamos máis os alimentos para non desperdicialos, pero hoxe en día, como podemos comprar as cousas con facilidade e todo ao contrario, temos máis avaricia e derrochamos máis. Esto fai que gastemos máis o que obtemos da natureza e ao mesmo tempo contaminamos máis, por tanto, a nosa sociedade converteuse nun problema para o planeta.


CONSECUENCIAS

  • Destrución de hábitats naturais, tanto terrestres como mariños.

  • Destrución de ecosistemas de todo tipo.

  • Extinción de especies animais e vexetais.

  • Interrupción das redes e relacións tróficas.

  • Erosión do solo, o que reduce a posibilidade de uso agrícola, esto implicará un incremento nos precios dos alimentos.

  • Aceleración do cambio climático.

  • Redución da calidade de vida no futuro.

  • Escaseza de recursos, que fai que no futuro se encarezcan, por tanto, hai un desequilibrio económico ante a crisis da materia prima e alimentos.

  • Incremento da contaminación ambiental.



Decología.info


SITUACIÓN

Os seres humanos estamos agotando os recursos naturais do planeta e os niveis de calidade de vida empezarán a declinar hacia o ano 2030 a menos que se tomen medidas inmediatas. O WWF advirte que a actual seobreexplotación dos recursos naturais está xerando un enorme déficit, xa que cada ano se consume un 20% máis dos que se poden xerar e ese porcentaxe non deixa de aumentar.

Se seguimos a este ritmo, necesitaremos máis de un planeta para abastecernos no ano 2050, según apunta a WWF. A súa vez, esta organización pon en manifesto que a poboación mundial de algunhas especies diminuiu un 58% entre 1970 e 2012 debido as actividades humanas e no ano 2020 ese procentaxe disparouse ata chegar ao 67%.


SOLUCIÓNS

  • Necesidade de buscar alternativas de consumo que sustituyen algúns recursos naturais como materia prima, ante a redución da dispoñibilidade dos mesmos.

  • Urxencia de un uso eficiente dos recursos naturais.

  • Necesidade dun consumo responsable.

  • Desarrollo de políticas regulatorias eficientes.

  • Apostar polas enerxías renovables.

  • Usar os 3R: Reciclar, Reducir e Reutilizar.




NOTICIA

vivir en verde


WEBGRAFÍA

Ecologiaverde


Economipedia


Iberdrola


Lineaverdehuelva


Twenergy





  MONOCULTIVO EUCALIPTOS



Existen ao redor de 700 especies de eucaliptos, a maioría orixinarias de Australia e Nova Guinea. Aínda que na actualidade, atópanse distribuídos por gran parte do mundo, debido ao seu rápido crecemento, frecuentemente empréganse en plantacións forestais para a industria papeleira, madeireira ou para a obtención de produtos químicos.




CONSECUENCIAS - IMPACTO AMBIENTAL


Existen suficientes evidencias científicas que explicarían o empobrecemento das cadeas tróficas, a alteración das propiedades “físico-químicas, bioquímicas e microbiológicas do chan”, a perda de biodiversidade vexetal e animal, a colonización de espazos abertos, a dificultade de erradicación e o elevado risco de incendio.


Un dos grandes problemas dos montes de eucaliptos é que non se escoita nada, isto é debido a que seres vivos do monte como os paxaros recoñecen o alleo e ningún aniña entre as súas ramas. O eucalipto, asfixia a vida da terra que ocupa. Omnipresente e en expansión por toda Galicia en monocultivos sen data de caducidade.


Un dos principais problemas de esta árbore é que está acostumada a soportar grandes sequías e tamén a rexenerarse despois de grandes incendios isto, máis unha gran capacidade de adaptarse ao clima, converteo nunha árbore moi resistente.


Pero o maior problema desta árbore é a súa facilidade para arder, xa que pode causar grandes estragos na contorna.







SITUACIÓN ACTUAL


Ao ser unha árbore que non necesita moito tempo para medrar, cada vez se está facendo máis famosa na industria madereira, polo tanto cada vez se están optando máis polo monocultivo de eucaliptos. Por iso, cada vez os incendios forestais causan máis estragos, porque os eucaliptos arden con moita facilidade e tamén poden desprender o lume a moita distancia, como pasou cos incencios de Portugal en 2017.





SOLUCIÓNS


A única opción  de acabar coa sobreforestación desta árbore é parando de plantala e optando por especies autóctonas que respetan o medio e favorezan ás cadeas tróficas dese entorno, e tampouco provocan ningún cambio no estilo de vida dos seres vivos da contorna.



NOTICIAS 


Aquí un artículo científico sobre o establecemento de plantacións de eucalipto en México www.oikos.unam.mx/LECT/images/publicaciones-2000/cemmr_1999.pdf



Reportaxe incendios de Portugal: https://www.dw.com/es/incendios-forestales-el-eterno-problema-de-portugal/a-55041677#:~:text=Cada%20a%C3%B1o%20arden%20bosques%20en,la%20vida%20de%20121%20personas.



XEOLOCALIZACIÓNS:

jueves, 14 de enero de 2021

Montes Tóxicos


Plásticos en Irixoa




Aínda que os plásticos nas cidades son máis comúns que no rural, podemos atopalos en gran medida en distintos montes galegos.
Neste traballo analizaremos o impacto ambiental dos plásticos en Irixoa, e a súa situación actual.

O pasado 14 de xaneiro puidemos atopar diversos plásticos en distintos montes de Irixoa.
Isto xa ven acontecendo dende hai tempo, polo que podemos falar dun problema medioambiental propiamente dito.
Aínda que neste traballo falemos do caso de Irixoa, este problema ten lugar, a día de hoxe, nos montes de toda Galicia.

Un dos problemas dos plásticos no monte é que moitos foron fabricados a partir de Bisfenol A, un produto químico empregado na elaboración de envases como latas, plásticos e demáis produtos. Esta sustancia é tóxica e moitos estudos confirman que pode producir cancro, polo que é perigoso que a fauna e flora do monte entren en contacto con este tipo de envases.
Isto ocasiona un impacto directo para a fauna que inxire os plasticos, xa que pode ocasionar danos graves ou incluso a morte á fauna local (paxaros, corzos, xabaríns...).

Pero isto non remata aquí, xa que podemos observar un grave impacto indirecto, cando a toxicidade dos plásticos chega a outros niveis tróficos, envelenando a una gran parte do ecosistema, ata desembocar en nós, que acabamos recibindo no noso organismo todo o lixo que de forma despreocupada e sen darlle demasiada importancia botamos previamente ao monte.

Outro impacto indirecto é a contaminación que ocasiona, xa que os plásticos tardan centos de anos en degradarse, absorben materiais pesados, antibióticos, pesticidas e outros tóxicos. Unha botella de plástico tarda máis de 1000 anos en degradarse, e ao descompoñerse convirtese en microplásticos que poden acabar nas augas de ríos e lagos e contaminar, via acuática á fauna e flora local, ademais dos seres humanos.

Necesítanse 100ml de petróleo para producir soamente unha botella de plástico, non só a producción supón un perigo para o medio ambiente, senón que a eliminación de residuos tamén ten unha carga enorme.
Cada día abandónanse 30 millóns de latas e botellas en España, o 50% dos plásticos terminan en vertedoiros sen ser reciclados.

Para evitar isto debemos levar a cabo unha correcta xestión dos residuos poñendo en práctica as 3Rs (reducir, reutilizar e reciclar).

Se xa hai plásticos no chan pódense organizar patrullas de veciños para a recollida de plásticos atopados nos montes locais a fin de reducir a contaminación e introducir estes plásticos no ciclo de reciclaxe, ademáis de levar a cabo charlas informativas para achegarlles aos veciños información sobre os efectos negativos dos plásticos e como combatilos, así como consellos para mellorar a ecoloxía do lugar e reducir ao límite os impactos ambientais provocados por estos plásticos.

Cando chove a auga arrastra químicos tóxicos ao solo, polo que renunciando á compra de produtos envasados en plástico ( sobre todo dun só uso) contribuése a mellorar o noso medio ambiente e crear un etorno saudable para os seres vivos (humanos, animais e plantas) que viven nel.



 

" Fotografías de Nerea Fernández Rodríguez, en Ambroa"
 



" Fotografías de Hugo Lucía Romero, no Penedo"
 
 




Traballo impacto participantes: Hugo Lucía Romero e Nerea Fernández Rodríguez 
Curso: 4ESO

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Alfred Nobel

Alfred Nobel, el padre de los premios | OpenMind
 

Alfred Nobel

Por Daniel Pena Bonome, 4º ESO.


 Alfred Nobel (1833-1896) creou os galardóns que levan o seu nome para recoñecer grandes descubrimentos que se fixesen cada ano en beneficio da humanidade. Pero, quen era Nobel e que o empuxou a crear os premios máis importantes e prestixiosos do mundo?

Alfred era fillo de  Andriette  Ahlsell e  Immanuel Nobel, un empresario sueco que fixo fortuna en Rusia construíndo fábricas, maquinaria e armamento para o goberno ruso. Alfred estudou enxeñería e química e creou tamén os seus propios inventos: ao longo da súa vida rexistrou ata 355 patentes!
 
A creación da conocida fundación que leva o seu nome baséase na última vontade de Alfred Nobel,​ quen expresou no seu testamento o desexo de que o seu diñeiro fose usado para crear premios de Física, Química, Paz, Fisioloxía ou Medicina e Literatura. 

Bonhams subastó una medalla del Premio Nobel 1934 por 500.000 euros |  numismaticodigital.com
 
 
 

O inventor da dinamita:


Alfred era un mozo tímido, curioso e moi intelixente. Gustáballe moito ler e falaba cinco idiomas: sueco, ruso, francés, inglés e alemán. Cando era pequeno, imaxinábase sendo poeta (gustábanlle moito Lord  Byron e  Shelley) pero o seu pai quixo que entrase no negocio familiar.

Formouse como enxeñeiro e químico con algúns dos científicos máis importantes da época. Seguindo os pasos do seu pai, que inventara minas e  torpedos, Alfred realizou experimentos coa  nitroglicerina, un material altamente inestable e explosivo que se descubriu en 1846.

Por mor das súas investigacións inventou a dinamita, un explosivo que, desgraciadamente, tivo moito éxito. A gran demanda de dinamita durante as guerras europeas que se sucederon nos seguintes anos converteron a Alfred Nobel nun home moi rico.


Gran parte do mérito correspóndelle ao italiano  Ascanio  Sobrero, tamén químico. En 1847 descubriu a  nitroglicerina mentres traballaba na Universidade de  Turín. Mesturou acedo  nítrico concentrado, ácido  sulfúrico e  glicerina e o tubo de ensaio onde o fixo rebentou coa explosión.




Non é de estrañar que o propio inventor mantivese en segredo o seu achado durante máis dun ano e que despois desaconsellase utilizalo porque era tan inestable que parecía imposible de manexar. Bastaba con axitar levemente a mestura ou un cambio de temperatura para que todo saltase polo aire.

En 1850 viaxou a París e alí coñeceu a  Ascanio  Sobrero. A pesar das reticencias do italiano, o seu invento estaba a difundirse cunha rapidez abraiante. Por primeira vez atopábase un explosivo máis potente que a pólvora negra, así que prometía moito para a construción, a minería e a industria militar. Pero o problema seguía sendo a seguridade.
O 3 de setembro de 1864. Unha fábrica da familia onde se manipulaba a perigosa mestura explotou e matou a cinco persoas. Unha delas era Emil, irmán menor de Alfred.




Ao parecer, o terrible suceso causoulle un gran impacto ao mozo inventor, pero non se botou para atrás, senón que construíu máis fábricas, aínda que decidiu que a prioridade ía ser mellorar a estabilidade dos explosivos. A solución, patentada en 1866, foi que a nitroglicerina queda absorbida por un material sólido e poroso, unha roca chamada diatomita que está formada por fósiles dunhas algas microscópicas chamadas diatomeas.

Así, formábase unha pasta que podía ser envasada en tubos de cartón que serían transportados con facilidade e sen perigo. De feito, para conseguir que explotasen era necesario un detonador eléctrico ou químico. Nacera a dinamita, que revolucionou as minas e as obras públicas en todo o mundo e deulle fama e sobre todo unha riqueza inmensa ao seu inventor.

 
 



 
 

 Por que creou os premios?


Alfred Nobel sempre se considerou a si mesmo un pacifista, aínda que a súa principal fonte de ingresos foi a produción e comercialización de dinamita, un explosivo que se utilizaba sobre todo nas guerras.

Aínda que a súa biografía oficial non o recolle, a historia conta que Nobel creou os premios para compensar o dano que, indirectamente, causara ao inventar a dinamita. Con todo, esta versión non está confirmada e a verdade é que Nobel nunca renegou do negocio da guerra.

Nunha carta á activista pacifista  Bertha  von  Suttner, Alfred Nobel aseguraba que as armas tiñan un efecto  disuasivo maior que as manifestacións e as campañas pola paz.


lunes, 7 de diciembre de 2020

El catastrofismo y el uniformismo.


 

                                         

        Catastrofismo VS Uniformismo

            

   Desde tempos inmemorables as distintas sociedades que habitaban o planeta Terra facíanse unha pregunta: como se creou a Terra?

As respostas foron xurdindo, en forma de mitoloxía na maioría dos casos (mitoloxía nórdica, grega...) ata que a finais do século XVIII e inicios do XIX xurdiron dúas teorías científicas que gozaron de gran peso e seguimento na comunidade científica: o Catastrofismo e o Uniformismo.

Georges Cuvier - Wikipedia, la enciclopedia libre

O catastrofismo é unha corrente de pensamento promovida por George Cuvier, un gran paleontólogo que defendía que a evolución da vida e a Terra tivo lugar a base de grandes catástrofes que provocaron transformacións significativas ata chegar ao día de hoxe, e non grazas a unha transformación gradual.


O catastrofismo foi resultado da achega duns cimientos científicos  á teoría creacionista como explicación da  múltiples evidencias como fósiles de dinosaurios, polo que era de agrado para o mundo católico.

 O tempo rematou demostrando que o castrofismo non estaba no correcto, xa que a maioría de cambios e evolucións nos seres vivos e na xeografía foron principalmente graduais, pero si que é certo que nalgunhas ocasións, como por exemplo a extinción dos dinosaurios tiveron lugar cambios a través de catástrofes.


George Cuvier foi unha figura moi influinte da época. Foi, ademais de paleontólogo, un naturalista francés e o fundador da anatomía comparada. O seu nome está grabado na torre Eiffel xunto cos outros 71 sabios.



File:Torre con nomi.jpg - Wikimedia Commons

O uniformismo, pola contra, defendía que a inmensa maioría dos cambios xeolóxicos na Terra tiveron lugar de forma lenta, constante e gradual, como por exemplo o moldeado das montañas, e non de forma súbita e violenta como defendía o catastrofismo. Os procesos que orixinaron os cambios ao longo dos anos son os mesmos que os actuais, o que implica que os cambios teñen lugar na maioría de ocasións de forma lenta, polo que esta teoría apoiábase no evolucionismo darwiniano, aplicando as súas bases ao terreo da xeoloxía.

James Hutton, o que formulou esta teoría, foi un xeógrafo e médico escocés do século XVIII. Tamén foi o pai do plutonismo, teoría que defendía a xeración das rochas como resultado de procesos volcánicos. Tras o seu falecemento foi Charles Lyell o encargado de retomar e difundir o uniformismo, debido a que a escritura de Hutton era liosa e complexa.

Hoxe en día sabemos que, aínda que os cambios na Terra foron principalmente graduais, si que tiveron lugar transformacións drásticas a partir de catástrofes, que afectaron ao proceso gradual conxunto.

https://youtu.be/LTSw3pOQUls



miércoles, 4 de noviembre de 2020

A Entropía

Ola e benvidos a todos os lectores. Nesta entrada de Ciencia na Nube imos falar de forma sinxela e entendible para todo o mundo acerca dun dos conceptos máis importantes da física e da química, a entropía (S).


A entropía é un concepto crucial tanto para a física como para a química. É o concepto que explica, por exemplo, por que o xeo se funde como o fai.


Según a RAG (Real Academia Galega) a entropía é o seguinte:
1. Magnitude de estado dun sistema termodinámico equivalente á calor absorbida polo propio sistema dividido pola súa temperatura absoluta.
2. Medida da desorde dun sistema.

Con esta segunda definición non todo o mundo está moi de acordo, según diferentes científicos a palabra "desorde" non é a adecuada para definir este concepto.
Esta discrepancia é debida a cousas coma os cristáis, é dicir estructuras ordenadas, que se forman por acción da entropía. Se alguén quere profundizar máis neste asunto recomendolle encarecidamente ver este vídeo de QuantumFracture no que fala mesmamente sobre esta concepción incorrecta da entropía:




(Se viches o vídeo, agora deberas comprender que a forma correcta de ver a entropía é dende o punto de vista da Física Estadística, diferenciando os microstrados dos macrostados).



Sintetizando todo este tema da entropía: imaxinemos que temos unha caixa cun gas no seu interior. Que é máis probable? Que o gas apareza esparexido por todo o espazo dispoñible, ou que, en cambio, todos os seus átomos se atopen limitados a un pequeno espazo nun lateral da caixa? 

A  entropía é a lei pola que se rexen procesos que consideramos irreversibles, pero non porque exista unha forza física que obrigue ás partículas para comportarse dese xeito; senón porque é o máis probable que suceda.  

A idea de entropía viría proporcionar unha forma matemática de codificar a noción intuitiva de que procesos son imposibles, pero sen violar a lei fundamental de conservación da enerxía. É dicir, un vaso de cristal quieto sobre unha mesa tenderá a conservar o seu estado, a menos que algunha forza incida sobre el. Se tiramos o vaso ao chan, este partirase, e os pedazos esparexeranse. Se agrupamos todos eses pedazos e os  volvemos lanzar ao chan, que probabilidade hai de que volvan adoptar a forma do vaso? Polo principio de  entropía, o máis probable é que adopten calquera outra distribución (que nós consideramos  subxetivamente coma caótica ou desordenada). Hai moi poucas probabilidades de que os pedazos volvan reconstruír o vaso, pero non hai ningunha lei física que o impida. Simplemente é extremadamente improbable. Por iso, relacionar desorde ou caos con  entropía non é exacto desde un punto de vista estrito, posto que a orde é subxectiva. 



A parte de José Luis Crespo (QuantumFracture) tamén hay outros divulgadores que falaron sobre este tema, como por exemplo Javier Santaolalla, que a parte de ter unha canle de YouTube chamada "Date Un Voltio" tamén está como colaborador na edición 2020 do programa de divulgación científica da Televisión Española, Órbita Laika (tamén o recomendo).