domingo, 17 de enero de 2021

A Eucaliptización

Neste traballo nós, Luca e Daniel, imos tratar o tema da monoplantación de eucaliptos en Galicia e o impacto medioambiental que isto conleva.



Causas:


O eucalipto é unha árbore cun ciclo de crecemento moi corto e rrápido, é dicir, produce moita madeira en pouco tempo, polo que produce un beneficio económico moi notable, ademáis hai moita demanda deste tipo de madeira poque é moi eficiente para a produción de papel.

Outro factor que inflúe na popularidade desta especie é que é moi resistente é adáptase moi ben ás condicións climáticas galegas.

Tamén inflúe que é unha planta que non require atención, é dicir, non da moito traballo.



______________________________________________________




Consecuencias:


Na auga


Os eucaliptos consumen unha gran cantidade de auga e condiciona a súa dispoñibilidade.

Como os eucaliptos acaparan unha gran cantidade de auga, as outras especies vense condicionadas e privadas de auga.

Tamén ten un impacto negativo nos cultivos agrícolas limitando a súa producción e incluso perxudica á poboación, xa que secan manantiáis.



No solo


O solo é un recurso non renovable e os eucaliptos degrádano e deteriórano.

As plantaciós en determinados lugares inapropriados teñen efectos adversos sobre a fertilidade ou a erosión.

Ademáis ó ser de folla perenne non fertiliza o solo cas súas follas como fan os Carballos, por exemplo.




Na biodiversidade:


A plantación de eucaliptos afectou de maniera negativa as especies locais e diminuíu a biodiversividade xa que as especies autóctonas aínda non estan acostumbradas a esta especie.

As aves son un exemplo concreto do impacto directo dos eucaliptos, xa que poucas se alimentan de esta árbore.



Nos incendios


As plantacións de eucaliptos suelen ser moi vulnerables a incendios.

unha das razóns é que os eucaliptos deixan pasar mais luz que outras especies de árbores e que son mais propensos aos incendios de superficie que son mais dificiles de combatir.




Na paisaxe


Coa introducción de eucaliptos no noso ecosistema a paisaxe cambióu moito, xa non hai tantos carballos nin castiñeiros e case todas as especies loscais fonon diminuíndo en cantidade e tamén alteran profundamente a estrutura, a xeometría e a cor do ambiente e modifican a paisaxe nun período de tempo moi curto.

Ademáis, cada vez máis terreos de cultivo agrícola se están a transformar en plantacións de eucaliptos, tal e como podemos ver nesta fotografía na que se aprecia que o terreo no que están plantados estes eucaliptos foi un prado.








Nas pragas e enfermidades


Dado que o eucalipto é unha especie exótica, é inmune as pragas locais, por exemplo a folla do eucalipto branco non é o alimento de ningunha especie autóctona.

As principais pragas do eucalipto son producidas por insectos que forman parte da fauna dos bosques naturáis de eucalipto e que foron introducidos accidentalmente.



Un dos depredadores principais do euncalipto é o picudo do eucalipto (Go-nipterus scutellatus) que é un escaravello defoliador que foi detectado por primeira vez en 1991 en Galicia.



______________________________________________________




Como podemos solucionar este problema?



Unha proposta válida sería que prohibiran as monoplantacións de eucaliptos, pero está claro que non poderá ser, así que, limitar as plantacións e reducir en número o número de árbores podería estar ben.

Como medida de prevención poderíanse poñer multas por exceso de plantación e promocionar as especies locáis.

A rexeneración dos montes é difícil xa que os eucaliptos son difíciles de eliminar, debido a que as raíces quedan no solo e aínda despois de talar a árbore volven a medrar novos eucaliptos (só en algunhas especies).


Para exterminar totalmente a especie dos montes existe un proceso que se chama “deseucaliptizacion”, que consiste en eliminar tamén os pés dos eucaliptos e polo tanto tamén os brotes, aínda que poden xurdir complicacións á hora de conservar o monte sen eucaliptos e hai que tomar medidas de prevención para que non volvan medrar, como cubrir o solo do monte para que non chegue a luz.



______________________________________________________



Fotografías:









Todas as fotografías están tomadas por Daniel e Luca na zona da parroquia de Churío, no concello de Irixoa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.