Boas, eu son Marta, unha estudante do colexio de Monfero. O meu profesor de bioloxía (preocupado polo planeta), propúxonos facer un traballo sobre os impactos ambientais da nosa contorna. Pero que e iso dos impactos ambientais? Pois ben, é o efecto que produce a actividade humana no planeta.
Ahora que xa sabía de que iba o traballo, debíame centrar nun impacto só, e como eu son unha nena que vive no rural, decidín facer o meu traballo de investigación sobre a contaminación dos montes (impacto indirecto).
Día a día, auméntase a xeración de refugallos, xa sexan gaseosos, sólidos ou liquidos. A contaminación dos chans pode ser un proceso irreversible e ademais ten a desvantaxe propiedade de facilitar a introdución de tóxicos na cadea alimentaria.
Cando falamos de contaminación tendemos a alzar a vista, pero este problema non afecta só aos nosos ceos. Os chans, que acollen os cultivos de froitas, verduras ou hortalizas, tamén sofren as consecuencias e os seus efectos chegan ata nós a través, por exemplo, dos alimentos.
A superficie terrestre é a pel do planeta, un manto cheo de cicatrices, engurras milenarias e feridas máis recentes causadas tanto polo home como pola propia natureza. Algunhas destas úlceras son incurables, como a extinción de especies, outras comprometen a saúde e a seguridade alimentaria, e todas elas ameazan o benestar de 3.200 millóns de persoas no mundo, como advirte o último informe sobre contaminación do chan da Plataforma Intergobernamental Científico-Normativa sobre Diversidade Biolóxica e Servizos dos Ecosistemas ( IPBES).
A contaminación do chan é unha ameaza global especialmente grave en rexións como Europa, Eurasia, Asia e África do Norte, como revela a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ( FAO).
Cando xa sabía algo mais sobre o tema, decidín votarme a andar por un monte preto da miña casa, concretamente polo espazo marcado en roxo no mapa seguinte:
Para a miña sospresa, non foi traballo dificil quedar abraiada pola cantidade de residuos (principalmente plásticos) que hai polo chán dos montes veciños.
- Pneumáticos: Cada ano, quedan fóra de uso uns 1.000 millóns de pneumáticos en todo o mundo, o que representan un problema para o medio ambiente. Se se abandona unha roda, pode tardar ata 1.000 anos en degradarse. Ademais, nese proceso pode contaminar o chan de restos químicos, xa que non só contamina o pneumático elavorado por plástico, se non que ese pneumático consta con residuos contaminates que se van recollendo cando andas polas estradas como por exemplo o alquitrán ou aceite. E logo todo iso podería chegar ás augas, aos animais e a vexetación.
- Marcos: Un marco úsase para indicar o extremo entre unha finca e outra. Xeralmente poñíase como marco unha pedra medianamente grande. Pero ahora, cada vez e mais común indicar os marcos con botellas ou bolsas de plástico. Porque se fai isto? Pois principalmente porque é mais visible e polo tanto mais cómodo de atopar. Tamén se usa para espantar animais en zonas cultivadas ou de prantacións. Pero que consecuencias ten esta mala costume? Pois ben, ademais de ter un impacto visual, é altamente contaminante, xa que o plástico tarda moito en descompoñerse e a medida que o vai facendo tamén solta pequenos microplásticos, que perxudican a todos os seres vivos incluíndonos a nós.
Fotos: Marta Fernández |
- Vidrio: Os envases feitos con este material son os mais respetuosos co medio ambiente pois, ainda que a súa degradación é lenta, durante o proceso non se liberan ninguna sustancia perxudicial. Pero si que causa un impacto visual enorme como podemos ver na fotografía seguiente:
Fotos: Marta Fernández |
- Latas: Están formadas por aluminio, o aluminio é o mineral máis usado para a produción de produtos de uso cotián, xa que e moi abundante. Unha lata tarda mais de 10 años en desintegrarse na natureza, orixinando óxido de ferro. Ao igual que os vidrios, causan un impacto visual importante e é perigoso para a saude dos serer vivos.
Fotos: Marta Fernández |
- Pilas: As pilas están compostas por materiais tóxicos como o mercurio ou o cadmio. Se as tiramos ao chan sen máis poden contaminar (e moito) o medio ambiente. E totalmente perxudicial tanto para as persoas, como para a vexetación, como para os animais. Tamén provocan graves doenzas na nosa saúde, como cancro, danos no sistema nervioso e mesmo a morte. Tan só unha pila pode contaminar 100.000 litros de auga, por tanto é importantísimo levar as pilas usadas aos puntos de recollida para que se lles dea o tratamento adecuado.
Foto: Marta Fernández |
- Bolsas de plástico: En 60 anos enchimos o mundo de plástico. A terra e o mar están a cubrirse de plástico. Peixes e mariscos contamínanse co plástico e así despois nos comémolos. Os grandes mamíferos mariños morren nas praias afogados con bolsas de plástico na gorxa, crendo que son comida, o que altera en forma alarmante o ecosistema mariño. Dun tóxico, petróleo, obtemos outro tóxico: bolsas de plástico. A nivel mundial desperdícianse 200,000 bolsas de plástico cada segundo. As bolsas de plástico son prexudiciais para os humanos, animais, plantas e medio ambiente. A súa degradación complétase en 700 anos, mentres están no proceso soltan microplásticos, tamén moi perxudicias para o solo e seres vivos. Isto significa que todo o plástico que consumimos en 60 anos, non se degradou aínda.
Fotos: Marta Fernández |
- Uralita: Este material comunmente usado na construccioón e moi contanminante pola presenza do amianto, un compoñente canceríxeno para as persoas. En España está prohibido dende o 2002.
Fotos: Marta Fernández |
Fonte: www.blogger.com |
Pois si, moito do lixo que tiramos ao chan acaba aquí, nos mares, océanos, praias, rios... Dando imaxes tan impactantes como a desta praia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.