MODELAXE CÁRSTICA
É a que producen as augas de infiltración ao actuaren, por exemplo, sobre as calcarias. O nome cárstico é procedente da rexión de Karst , en Croacia, onde esta modelaxe é frecuente.
O axente que orixina a modelaxe cárstica é a auga da chuvia que cae sobre os macizos de calcaria e se inflitra neles.
Esta auga adoita levar disolto CO2 atmosférico, que reacciona co carbonato de calcio da calcaria (insoluble) transfórmao en bicarbonato de calcio (soluble).
A auga de infiltración disolve lentamente os macizos de calcaria alternados e vai agrandando as gretas ata perforar a súa superficie e formar cavidades internas.
No interior das cavidades, o bicarbonato de calcio disolto pode trasformarse de novo en carbonato e depositarse dando lugar a formas caprichosas.
Os macizos de calcaria afectados pola modelaxe cárstica teñen formas características na súa superficie e no seu interior.
- Formas cársticas na superficie do macizo:
Destacan as seguintes :
Os lapiases: son terreos moi accidentados, cheos de sucos ou canles con bordos xeralmente afiados.
Cantabria,Spain.
Os sumidoiros: son pozos verticais e estreitos.
Pontedeume, Spain
As dolinas: son depresións en forma de envude.
Valle del Ebro.
Os poljés: son amplas depresións resultantes da unión de varias dolinas.
Vega de Comeya.
As torcas: son enormes fochas de paredes moi verticais, que se forman cando o interior do macizo está tan perforado que a superficie se afunde.
Palancares, Cuenca.
Os canóns: son grandes canles de paredes verticais.
Canón do Sil.
As gargantas: teñen unha forma curva, e os canóns unha máis recta.
Paisaxe de China.
- Formas cársticas no interior do macizo.
Estas formas, chamadas endocársticas, prodúcense no interior do macizo por ensanchamento das gretas.
Destacan as seguintes:
As cavidades poden ser galerias, que son tuneles horizontais; simas, que son conductos verticais;ou cavernas, que son grandes cavidades que se forman ao ensanchárense e unírense os sistemas de simas e galerias.
As formas orixinadas por dépòsitos de carbonato de calcio. Orixínanse no interior das cavidades por precipitación contínua do carbonato de calcio que se forman na auga que gotea desde o teito. Hai tres tipos básicos: estaláctitas, estalagmita e columnas.
-As estalactitas son formas aguzadas que crecen desde o teito.
Covas,espeoroloxía.
-As estalagmitas son pequenas torres que crecen desde o chan.
Francia.
-As columnas fórmanse ao unirse unha estalactita e unha estalagmita.
non se encontran fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.