HISTORIA DA RADIOACTIVIDADE
DEFINICIÓN:
A radioactividade é un fenómeno físico natural o cal algúns corpos ou elementos químicos chamados radioactivos, emiten radiacións que teñen a propiedade de impresionar placas fotográficas, ionizar gases, producir fluorescencia, atravesar corpos opacos á luz ordinaria, etc.
Símbolo utilizado tradicionalmente para indicar la presencia de radiactividad.
A radioactividade foi descuberta polo francés Becquerel no ano 1896, quen observou que unha placa fotovoltaica podia ser velada pola luz, en ausencia de luz natural, cando se ponia en contacto con minerais de uranio un elemento forte que pode impregnar o papel e lograr impresión fotovoltaica
Public Domain, Link
Antoine Henri Becquerel.
Vantaxes e inconvenientes da radioactividade
A radioactividade controlada ha ido adquirindo diferentes usos e aplicacións, a mediada que se foi perfeccionando.
A radioactividade produce unha gran cantidade de enerxía capaz de abastecer a demanda dos consumidores, cousa que non poden facer outros tipos de enerxía; úsase tamén para inspeccionar a estrutura interna de elementos, esterilizar materiais, medir espesores, densidades e niveis, para comprobar a humidade, datar achados arqueolóxicos, conservar obras de arte, na agricultura e de maneira terapéutica.
Os inconvenientes son que a radioactividade é moi perigosa e calquera erro na súa utilización, almacenamento de residuos, etc., pode producir consecuencias moi graves, que tamén se utiliza para fins como bombas atómicas.
Outro problema é o da súa utilización na agricultura, porque se non se fai correctamente pode afectar á calidade dos alimentos, e isto á vez afectaría os consumidores destes alimentos; e tamén é moi perigosa para a xente que traballa en contacto directo ou indirecto con elementos radioactivos.
Radioactividade natural
Desde as súas orixes, o home estivo exposto á acción das radiacións ionizantes presentes na natureza.
Por tanto, a vida tal como coñecémola desenvolveuse sempre nun ambiente radioactivo.
Estas fontes naturais, divídense basicamente en:
- radiación cósmica
- radionucleídos cosmogénicos
- radiación terrestre
Radioactividade artificial
Prodúcese cando se bombardean certos núcleos estables con partículas
apropiadas.
Se estas partículas teñen a enerxía nun valor adecuado, penetran o
núcleo bombardeado e forman un novo núcleo, que, en caso de ser
inestable e se desintegra despois radiactivamente.
A radioactividade artificial foi descuberta polos esposos Jean Frederic Joliot- Curie e Irene Joliot- Curie, bombardeando núcleos de boro e de aluminio con partículas alfa.
Eles observaron que as substancias bombardeadas emitían radiacións
(neutróns libres) despois de retirar o corpo radioactivo emisor das
partículas de bombardeo.
Lei da radiosensibilidade
A lei da radiosensibilidad (tamén coñecida como lei de Bergonié e Tribondeau, postulada en 1906) di que os tecidos e órganos máis sensibles ás radiacións son os menos diferenciados e os que exhiben alta actividade reprodutiva.
Como exemplos, temos:
- Tecidos altamente radiosensibles: epitelio intestinal, órganos reprodutivos (ovarios, testículos), medula ósea, glándula tiroides.
- Tecidos medianamente radiosensibles: tecido conectivo.
- Tecidos pouco radiosensibles: neuronas, óso.
Efectos da radioactiviade a saúde
O risco para a saúde non só depende da intensidade da radiación e da
duración da exposición, senón que tamén depende do tipo de tecido
afectado e ademais da súa capacidade de absorción.
Por exemplo:
- nauseas
- vómitos
- convulsións
- delirios
- dores de cabeza
- diarrea
- perda de cabeleira
- perda de dentadura
- redución dos glóbulos vermellos no sangue
- redución dos glóbulos brancos no sangue
- dano ao conduto gastrointestinal
- perda da mucosa dos intestinos
- hemorraxias
- esterilidade
- infeccións bacterianas
- cancro
- leucemia
- cataratas
- danos xenéticos
- dano cerebral
- danos ao sistema nervioso
- cambio da cor de pelo a gris
- queimaduras
Quemaduras por la exposición a
la radiación.
Medicamentos ' magufos' que dicían curar con radioactividade
Supositorios, cremas e augas con radio puxeron en risco a vida dos consumidores nas primeiras décadas do século XX. Os fabricantes destes falsos remedios afirmaban que o seu segredo era a radioactividade e comercializábanse a pesar da falta de evidencia científica sobre os seus efectos.
Video sobre como afecta radioactiviad en Galicia.
Conclusión
A radioactividade é unha propiedade moi importante para a humanidade pero á vez moi perigosa.
O importante é que na sociedade se tomen precaucións para tratar de controlar ao máximo esta enerxía, xa que esta enerxía controlada pode ser de moita utilidade e isto axuda a mellorar a vida do ""Home"". Aplicando esta enerxía en fins prácticos e pacíficos axúdano a non só vivir mellor se non que tamén a curar e previr enfermidades mortais.
A radioactividade potencialmente é unha propiedade que resulta moi importante e moi útil para a humanidade, pero á súa vez é moi perigosa.O importante disto é tratar de controlar ao máximo esa enerxía tomando todas as medidas necesarias de prevención e control porque esa enerxía ben controlada pode ser de moitísima utilidade e pode axudar a mellorar a vida do home aplicando toda esa enerxía en fins pacíficos que o axudan non só a vivir mellor senón que tamén a curar e a previr enfermidade.
BIBLIOGRAFÍA:
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Sievert-sigle.png
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Crshower2_nasa.jpg
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Henri_Becquerel.jpg#/media/File:Henri_Becquerel.jpg
https://www.monografias.com/trabajos95/informe-de-radioactividad/informe-de-radioactividad.shtml#radioactia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.