sábado, 15 de diciembre de 2018

Darwin e a expedición no Beagle

A viaxe do Beagle de Darwin

Pequena biografía:

Charles Robert Darwin naceu en Sherewsbury o 12 de febreiro de 1809.
En outubro de 1825 Darwin ingresou na Universidade de Edimburgo para estudar medicina por decisión do seu pai. O mozo Charles, con todo, non conseguiu interesarse pola carreira.  Deixou a carreira e seu pai ingresouno na Universidade de Cambridge, alí foi onde descubriu a súa pasión polas ciencias naturais. Finalmente muere el 19 de abril de 1882.


A expedición no Beagle

O 27 de decembro de 1831 o Beagle partiu con Darwin a bordo. Sen sabelo, Darwin correra o risco de ser rexeitado por Robert Fitzroy, xa que o capitán, convencido seguidor das teorías fisiognómicas de Johann Caspar Lavater.

O obxectivo da expedición dirixida polo capitán Fitzroy era o de completar o estudo topográfico dos territorios da Patagonia e a Terra do Lume, o trazado das costas de Chile, Perú e algunhas illas do Pacífico e a realización dunha cadea de medidas cronométricas ao redor do mundo.


A viaxe de case cinco anos de duración, levou a Darwin ao longo das costas de América do Sur, para regresar logo durante o último ano visitando as illas Galápagos, Tahití, Nova Zelandia, Australia, Mauricio e Sudáfrica.


As dúas semanas que Darwin dedicou a exjovenplorar polo seu propio pé as illas Galápagos acabaron sendo fundamentais para que o científico acabase sentando as bases dunha teoría que revolucionou a ciencia e o coñecemento existente.



No seu " Diario da viaxe dun naturalista ao redor do mundo", Darwin recolleu moitas descricións das especies animais e vexetais, e as costumes dos habitantes dos territorios que explorou.
Ao regreso do Beagle a Inglaterra, como resultado da expedición, Darwin editou una das súas obras máis emblemáticas: Zooloxía da viaxe do HMS Beagle, que apareceu en cinco partes (Mamíferos, fósiles, aves, peces e reptiles), entre febrero de 1838 e outubro de 1843.

Anos despois, o naturista inglés referíase a esta viaxe como "o acontecemento máis importante da súa vida", que lle serviu de inspiración para formular a famosa teoría da evolución biolóxica por selección natural.

Bibliografía

https://prezi.com/o_bfk5_ibsva/el-gran-viaje-de-darwin/
https://es.wikipedia.org/wiki/El_viaje_del_Beagle
https://www.lavanguardia.com/historiayvida/darwin-y-el-viaje-del-beagle_10638_102.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.