sábado, 15 de diciembre de 2018

Plantación de Eucaliptos

Plantación de Eucaliptos

As especies exóticas invasoras constitúen un dos grandes problemas da actualidade, xa que ameazan os ecosistemas naturais e a biodiversidade existente no planeta. De feito, recoñécese que constitúen a segunda causa da perda de biodiversidade despois da perda de hábitats e estímase que o 40% das extincións animaos producidas nos últimos cinco séculos débense a elas.
O eucalipto ou Eucaliptus ( Eucalyptus) é un xénero de árbores (e algúns arbustos) da familia das mirtáceas. Na actualidade atópanse distribuídos por gran parte do mundo e debido ao seu rápido crecemento frecuentemente empréganse en plantacións forestais para a industria papeleira, madeireira ou para a obtención de produtos químicos, ademais do seu valor ornamental. Actualmente, as plantacións de eucalipto representan o 3% da superficie forestal española e en Galicia a porcentaxe elévase ata o 17 %.  Esta especie ocupa 425.000 hectáreas de bosque na comunidade galega. Actualmente plántanse millóns de eucaliptos ao ano polo seu rápido crecemento (10-15 anos aproximadamente) e a súa rentabilidade, ademáis exercen unha función importante na loita contra o cambio climático. Moitos deles afloran nos bosques autóctonos por culpa das sementes que can na terra e fan que xerminen, impedindo o crecemento das outras especies, secando o terreo e absorbendo os nutrentes. Isto pouco a pouco vai desembocar no monocultivo de eucalipto e na desaparición das especies orixinarias da zona.

Resultado de imagen de mapa eucalipto fao
Mapa informe eucalipto 2011; Fao



Ventaxas:
Entre as ventaxas dos eucaliptos está o feito de que xeran empleo e por tanto beneficios económicos e benestar no mundo rural grazas á súa gran produtividade de madeira e celulosa. O eucalipto tamén é utilizado na industria farmacéutica, na fabricación de gomas, resinas, pinturas e insecticidas. Ademais, ao ser unha árbore que absorbe moita auga, utilizouse en diferentes partes do mundo para sanear zonas pantanosas. Grazas aos eucaliptos logrouse controlar a malaria, o paludismo e o tifus en diversas zonas de Asia, Sur de Europa e América do Sur. Outro dos puntos ao seu favor é o seu uso terapéutico, xa que o eucalipto é unha das mellores especies vexetais para o alivio das afeccións do aparello respiratorio, debido ás propiedades do eucaliptol. Para problemas de garganta, farinxe, larinxe e bronquios, incluíndo a asma, a tose ferina ou a tuberculose, adoitan ser eficaces os bafos. Aínda que menos coñecidos, tamén se fala do seu beneficios noutras doenzas, como dor nas articulacións, parasitos intestinais…

Desventaxas:
O eucalipto é unha árbore con gran capacidade de absorción de auga, e isto fainos agresivos cos chans onde están plantados, o que provoca secas e erosión do chan. Hai probas de laboratorio que indican que algunhas especies de eucalipto producen substancias químicas que inhiben a xerminación e o crecemento doutras plantas e especies.
Ademáis é considerada unha especie invasora, perxudicial para a conservación da fauna e a flora. Tamén se observou que os solos con plantacións de eucalipto son notablemente máis ácidos. Isto supón un empobrecemento da flora local e como consecuencia tamén da fauna . Un dos maiores problemas dos eucaliptos é a propagación dos incendios pois prenden moito máis rápido que as árbores comúns e actúan como propagadoras; ademáis a súa altura dificulta a extinción. Unha das consecuencias deste aumento das plantacións foi a lixeira diminución do turismo rural que busca ver as especies autóctonas.

Verónica García Martín



Algunhas das posibles solucións son:

  • Fixar un límite de hectáres destinadas aos eucaliptos.
  • Prohibir a entrada de novas especies e tratar de eliminar as existentes.
  • Alternar as distintas especies.
  • Mellorar o pagamento pola madeira das árbores autóctonas e diminuir o pagamento das alóctonas


Rexeneración: No caso do cultivo de eucaliptos a rexeneración do sólo é moi complicada porque como xa sabemos os eucaliptos  maltratan moito o terreo e tardaríamos bastante tempo en recuperar a fertilidade que especies como os castiñeiros, os pinos… precisan.  Malia estes inconvintes se os terreos non levan moito tempo “producindo” eucaliptos poderíanse rexeneran rápidamente.



Verónica García Martín



Xeolocalización


Outros artículos:
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2017/11/07/veto-eucaliptos-torno-casas-extiende/1233261.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/03/10/guardia-civil-investiga-destruccion-castro/1049426.html
https://www.abc.es/natural/biodiversidad/abci-eucaliptos-disminuyen-biodiversidad-rios-201706131343_noticia.html
https://www.salvalaselva.org/peticion/1125/eucalipto-para-fabricar-celulosa-arrasa-la-biodiversidad






Webgrafía:
https://www.eldiario.es/galicia/superficie-eucalipto-disparado-Galicia-comienzos_0_659334212.html
https://www.ecologistasenaccion.org/?p=15226
http://www.guayubira.org.uy/2007/02/impacto-de-las-plantaciones-de-eucaliptos-en-el-suelo/
http://artigoo.com/eucalipto-ventajas-desventajas-arbol-polemica
http://www.aragon.es/DepartamentosOrganismosPublicos/Departamentos/DesarrolloRuralSostenibilidad/AreasTematicas/MA_Biodiversidad/EspeciesExoticasInvasoras/ci.01_PROBLEMATICA_ESPECIES_INVASORAS.detalleDepartamento?channelSelected=4ab736552883a210VgnVCM100000450a15acRCRD
http://www.fao.org/docrep/005/y7605s/y7605s05.htm
http://archivo-es.greenpeace.org/espana/Global/espana/report/bosques/Mapa_InformeEucalipto2011_2.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.