sábado, 13 de febrero de 2021

O Chumbo

 

O chumbo

Por Rubén Fraga Tizón4º ESO CPI Virxe da Cela 

O chumbo é un elemento químico da táboa periódica, cuxo símbolo é Pb (do latín plumbum) e o seu número atómico é 82 segundo a táboa actual, xa que non formaba parte na táboa periódica de Mendeléyev que non o recoñecía como un elemento metálico común pola súa gran elasticidade molecular.


 O chumbo de cando en cando atópase no seu estado elemental pero principalmente preséntase como sulfuro de chumbo na galena.

 

 O principal uso do chumbo é a fabricación de baterías para a automoción, cuxo uso co tempo viuse incrementando, pasando dun 22% en 1970 a un 80% na actualidade. Na actualidade principal país produtor de chumbo é China, seguido de Australia e Perú.

 

O chumbo e a historia

Desde fai miles de anos o chumbo formou parte da civilización humana, xa que abunda e é fácil de fundir. Os usos do mesmo foron variando, así pois, antigamente utilizábase en láminas para a escritura, no Imperio Romano para recubrir canos e bañeiras e na Idade Media utilizábase para os revestimentos do armazón de madeira das frechas, na construción e na fabricación de teitos, medallones, etc.

Tamén se utilizaban para facer plumbatas que eran dardos curtos e lixeiros que se usaba na antigüidade ata a Idade Media. Esta arma xa foi utilizada no ano 500 a. C., máis tarde polas lexións romanas logo polas tribus xermánicas durante o Período de Migración e ata finais da Idade Media.. A lonxitude e a forma da punta da plumbata a miúdo variaban.

 

 


 

     



 

 

 

 

A contaminacion do chumbo

O chumbo é neurotóxico. Se inxires moito, podes dañarte o cerebro e o sistema nervioso central de maneira irreversible.Entre os numerosos síntomas relacionados coa exposición excesiva ao plomo atópanse a cegueira, o insomnio, a insuficiencia renal, a pérdida de audición, o cancro, a parálisis e as convulsións. Na súa manifestación máis aguda produce bruscas alucinacións, que perturban por igual a vítimas  e observadores, e que solen ir seguidas do coma e a morte.

 Entre as principais fontes de contaminación ambiental destacan a explotación mineira, a metalurgia, as actividades de fabricación e reciclaxe e, nalgúns países, o uso persistente de pinturas e gasolinas con chumbo. Máis de tres cuartas partes do consumo mundial de chumbo corresponden á fabricación de baterías para vehículos de motor. Este metal tamén se utiliza en moitos outros produtos, como pigmentos, pinturas, material de soldadura, vidreiras, vaixelas de cristal, municións, esmaltes cerámicos, artigos de xoiería e xoguetes, así como nalgúns produtos cosméticos e medicamentos tradicionais. Tamén pode conter chumbo a auga potable canalizada a través de tubaxes de chumbo ou con soldadura a base deste metal.

A morte de Beethoven

Ludwig van Beethoven morreu porque o encheron de chumbo. Non é que ao xenial compositor alemán matáseno a balazos, senón que literalmente foi un tratamento médico a base de chumbo o que lle provocou a morte. . Un médico analizou restos de cabelos do compositor ata ser capaz de dispoñer dunha visión médica. Durante a investigación detectouse que , o compositor sufría xa dunha sobrecarga de chumbo. Nesas datas, Beethoven era tratado en Viena dunha pulmonía. O seu doutor atacou a enfermidade con sales de chumbo, habitualmente empregadas na época.

Con todo, o bienintencionado tratamento provocou unha hidropesía que empeorou as dificultades respiratorias de Beethoven. Para aliviarlle, o doutor, realizou varias puncións que desinfectó cun xabón a base de chumbo. Unha vez máis, o remedio empeorou a enfermidade e tanto chumbo foi xa demasiado para o seu fígado. Un fígado debilitado por unha forte cirrose e da que o médico non se decatou ata a autopsia.

 


 






Link

https://www.rtve.es/alacarta/videos/ingenieria-romana/acueductos-ii/5781820/


Webgrafía

https://es.wikipedia.org/wiki/Plomo 

https://es.statista.com/estadisticas/635363/paises-lideres-en-la-produccion-de-plomo-a-nivel-mundial/ 

https://desguacesballestero.es/el-plomo-un-metal-con-mucha-historia-2/

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/lead-poisoning-and-health 

https://www.tienda-medieval.com/es/lanzas/9740-dardo-romano-plumbata.html

https://www.abc.es/estilo/gente/abci-beethoven-murio-envenenado-plomo-200708300300-164584451764_noticia.html

 

 

 



 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.