sábado, 13 de febrero de 2021

Ernest Rutherford

 

 Ernest Rutherford

Por Noelia Silveira Quintián 4º ESO CPI Virxe da Cela
 

Rutherford era un físico e químico británico que se decicou ao estudo das partículas radioactivas e logrou clasificalas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ).

Achou que a radioactividade ía acompañada por unha desinteración dos elementos, o que lle levou a gañar o Premio Nobel de Química en 1908.

Tamén débeselle un modelo atómico, co que probou a existencia do núcleo atómico, no que se reúne toda a carga positiva e case toda a masa do átomo.



Teoría atómica de Rutherford

O modelo planteado por Rutherford suxire que a carga positiva do átomo está concentrada nun núcleo estacionario de gran masa, mentres que os electróns negativos móvense en órbitas ao redor do núcleo, ligadas pola atracción eléctrica entre cargas opostas. 



O átomo era un sistema planetario de electróns virando ao redor dun núcleo atómico pesado e con carga eléctrica positiva.



O modelo atómico pódese resumir en da seguinte maneira:

  1. O átomo posúe un núcleo central pequeno, con carga eléctrica positiva, que contén case toda a masa do átomo.

  2. Os electróns viran a grandes distancias ao redor do núcleo en órbitas circulares.

  3. A suma das cargas eléctricas negativas dos electróns debe ser igual á carga positiva do núcleo, xa que o átomo é  eléctricamente neutro.


Outros experimentos

  • Durante a Primeira Guerra Mundial estudou a detección de submarinos mediante ondas sonoras, de modo que foi un dos precusores do soar.

  • Logrou a primeira transmutación artificial de elemtos químicos 1919 mediante o bombardeo dun átomo de nitróxeno con partículas alfa. As transmutacións débese á capacidade de transformarse que ten un átomo sometido a bombardeo con partículas capaces de penetrar no seu núcleo. 

Webgrafía

https://www.ecured.cu/Ernest_Rutherford


https://www.ecured.cu/Teor%C3%ADa_at%C3%B3mica_de_Rutherford


VIDEO:



 

NOTICIA:

https://www.meteorologiaenred.com/modelo-atomico-de-rutherford.html






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.