miércoles, 9 de diciembre de 2020

Alfred Nobel

Alfred Nobel, el padre de los premios | OpenMind
 

Alfred Nobel

Por Daniel Pena Bonome, 4º ESO.


 Alfred Nobel (1833-1896) creou os galardóns que levan o seu nome para recoñecer grandes descubrimentos que se fixesen cada ano en beneficio da humanidade. Pero, quen era Nobel e que o empuxou a crear os premios máis importantes e prestixiosos do mundo?

Alfred era fillo de  Andriette  Ahlsell e  Immanuel Nobel, un empresario sueco que fixo fortuna en Rusia construíndo fábricas, maquinaria e armamento para o goberno ruso. Alfred estudou enxeñería e química e creou tamén os seus propios inventos: ao longo da súa vida rexistrou ata 355 patentes!
 
A creación da conocida fundación que leva o seu nome baséase na última vontade de Alfred Nobel,​ quen expresou no seu testamento o desexo de que o seu diñeiro fose usado para crear premios de Física, Química, Paz, Fisioloxía ou Medicina e Literatura. 

Bonhams subastó una medalla del Premio Nobel 1934 por 500.000 euros |  numismaticodigital.com
 
 
 

O inventor da dinamita:


Alfred era un mozo tímido, curioso e moi intelixente. Gustáballe moito ler e falaba cinco idiomas: sueco, ruso, francés, inglés e alemán. Cando era pequeno, imaxinábase sendo poeta (gustábanlle moito Lord  Byron e  Shelley) pero o seu pai quixo que entrase no negocio familiar.

Formouse como enxeñeiro e químico con algúns dos científicos máis importantes da época. Seguindo os pasos do seu pai, que inventara minas e  torpedos, Alfred realizou experimentos coa  nitroglicerina, un material altamente inestable e explosivo que se descubriu en 1846.

Por mor das súas investigacións inventou a dinamita, un explosivo que, desgraciadamente, tivo moito éxito. A gran demanda de dinamita durante as guerras europeas que se sucederon nos seguintes anos converteron a Alfred Nobel nun home moi rico.


Gran parte do mérito correspóndelle ao italiano  Ascanio  Sobrero, tamén químico. En 1847 descubriu a  nitroglicerina mentres traballaba na Universidade de  Turín. Mesturou acedo  nítrico concentrado, ácido  sulfúrico e  glicerina e o tubo de ensaio onde o fixo rebentou coa explosión.




Non é de estrañar que o propio inventor mantivese en segredo o seu achado durante máis dun ano e que despois desaconsellase utilizalo porque era tan inestable que parecía imposible de manexar. Bastaba con axitar levemente a mestura ou un cambio de temperatura para que todo saltase polo aire.

En 1850 viaxou a París e alí coñeceu a  Ascanio  Sobrero. A pesar das reticencias do italiano, o seu invento estaba a difundirse cunha rapidez abraiante. Por primeira vez atopábase un explosivo máis potente que a pólvora negra, así que prometía moito para a construción, a minería e a industria militar. Pero o problema seguía sendo a seguridade.
O 3 de setembro de 1864. Unha fábrica da familia onde se manipulaba a perigosa mestura explotou e matou a cinco persoas. Unha delas era Emil, irmán menor de Alfred.




Ao parecer, o terrible suceso causoulle un gran impacto ao mozo inventor, pero non se botou para atrás, senón que construíu máis fábricas, aínda que decidiu que a prioridade ía ser mellorar a estabilidade dos explosivos. A solución, patentada en 1866, foi que a nitroglicerina queda absorbida por un material sólido e poroso, unha roca chamada diatomita que está formada por fósiles dunhas algas microscópicas chamadas diatomeas.

Así, formábase unha pasta que podía ser envasada en tubos de cartón que serían transportados con facilidade e sen perigo. De feito, para conseguir que explotasen era necesario un detonador eléctrico ou químico. Nacera a dinamita, que revolucionou as minas e as obras públicas en todo o mundo e deulle fama e sobre todo unha riqueza inmensa ao seu inventor.

 
 



 
 

 Por que creou os premios?


Alfred Nobel sempre se considerou a si mesmo un pacifista, aínda que a súa principal fonte de ingresos foi a produción e comercialización de dinamita, un explosivo que se utilizaba sobre todo nas guerras.

Aínda que a súa biografía oficial non o recolle, a historia conta que Nobel creou os premios para compensar o dano que, indirectamente, causara ao inventar a dinamita. Con todo, esta versión non está confirmada e a verdade é que Nobel nunca renegou do negocio da guerra.

Nunha carta á activista pacifista  Bertha  von  Suttner, Alfred Nobel aseguraba que as armas tiñan un efecto  disuasivo maior que as manifestacións e as campañas pola paz.


lunes, 7 de diciembre de 2020

El catastrofismo y el uniformismo.


 

                                         

        Catastrofismo VS Uniformismo

            

   Desde tempos inmemorables as distintas sociedades que habitaban o planeta Terra facíanse unha pregunta: como se creou a Terra?

As respostas foron xurdindo, en forma de mitoloxía na maioría dos casos (mitoloxía nórdica, grega...) ata que a finais do século XVIII e inicios do XIX xurdiron dúas teorías científicas que gozaron de gran peso e seguimento na comunidade científica: o Catastrofismo e o Uniformismo.

Georges Cuvier - Wikipedia, la enciclopedia libre

O catastrofismo é unha corrente de pensamento promovida por George Cuvier, un gran paleontólogo que defendía que a evolución da vida e a Terra tivo lugar a base de grandes catástrofes que provocaron transformacións significativas ata chegar ao día de hoxe, e non grazas a unha transformación gradual.


O catastrofismo foi resultado da achega duns cimientos científicos  á teoría creacionista como explicación da  múltiples evidencias como fósiles de dinosaurios, polo que era de agrado para o mundo católico.

 O tempo rematou demostrando que o castrofismo non estaba no correcto, xa que a maioría de cambios e evolucións nos seres vivos e na xeografía foron principalmente graduais, pero si que é certo que nalgunhas ocasións, como por exemplo a extinción dos dinosaurios tiveron lugar cambios a través de catástrofes.


George Cuvier foi unha figura moi influinte da época. Foi, ademais de paleontólogo, un naturalista francés e o fundador da anatomía comparada. O seu nome está grabado na torre Eiffel xunto cos outros 71 sabios.



File:Torre con nomi.jpg - Wikimedia Commons

O uniformismo, pola contra, defendía que a inmensa maioría dos cambios xeolóxicos na Terra tiveron lugar de forma lenta, constante e gradual, como por exemplo o moldeado das montañas, e non de forma súbita e violenta como defendía o catastrofismo. Os procesos que orixinaron os cambios ao longo dos anos son os mesmos que os actuais, o que implica que os cambios teñen lugar na maioría de ocasións de forma lenta, polo que esta teoría apoiábase no evolucionismo darwiniano, aplicando as súas bases ao terreo da xeoloxía.

James Hutton, o que formulou esta teoría, foi un xeógrafo e médico escocés do século XVIII. Tamén foi o pai do plutonismo, teoría que defendía a xeración das rochas como resultado de procesos volcánicos. Tras o seu falecemento foi Charles Lyell o encargado de retomar e difundir o uniformismo, debido a que a escritura de Hutton era liosa e complexa.

Hoxe en día sabemos que, aínda que os cambios na Terra foron principalmente graduais, si que tiveron lugar transformacións drásticas a partir de catástrofes, que afectaron ao proceso gradual conxunto.

https://youtu.be/LTSw3pOQUls