jueves, 11 de octubre de 2018

Exoplanetas

EXOPLANETAS

Imaxe obtida de Clarín

 

Un exoplaneta é un planeta que orbita arredor dunha estrela diferente ao Sol, é dicir, que non pertence ao sistema solar.

 

A maioría de planetas extrasolares coñecidos son xigantes gasosos iguais ou más masivos co planeta Xúpiter, con órbitas moi cercanas a súa estrela e períodos orbitais moi cortos.


Métodos de detección

  • Método de tránsito

O método do tránsito é o máis empleado actualmente na búsqueda de planetas extrasolares. Este método consiste en observar fotométricamente a estrela e detectar sutiles cambios na intensidade da súa luz cando un planeta orbita por diante dela.


Eclipsing binary star animation 2

  • Método de astrometría

Dado que a estrela vira sobre o centro de masa pódese tentar rexistrar as variacións de posición e o oscilar da estrela. Aínda que estas variacións son moi pequenas. É moi dificultosa a súa medición, os planetas deben ser moi masivos, ter un período longo e as medicións deben facerse durante anos.

No noso sistema solar, detectar tan só a Xúpiter, levaría 30 anos.


 Imaxe obtida de wikipedia 
                                      Imaxe obtida de Wikipedia

  • Velocidade radial

O planeta, ao orbitar a estrela central, exerce tamén unha forza gravitacional sobre esta de maneira que a estrela vira sobre o centro de masa común do sistema.
As oscilacións da estrela poden detectarse mediante leves cambios nas liñas espectrales segundo a estrela achégase a nós (desviamento cara ao azul) ou se afasta (desviación cara o vermello).Este método só é eficaz nos planetas xigantes máis próximos á estrela principal.
 veloc-radial 


Exoplanetas detectados

Aínda que é máis fácil atopar exoplanetas moi grandes, atopáronse tamén exoplanetas pequenos como a Terra.

Algúns exoplanetas atopados que poderían albergar vida son:

  • HD 40307g 

    A 42 anos luz da Terra áchase o planeta HD 40307 g, unha superterra da constelación Pictor. Xira ao redor do seu sol dentro da zona habitable e grazas á súa gran proximidade, espérase poder observar a súa superficie nos próximos anos.


  • HD 85512b  

    Descubreuse no 2011, é un planeta que está moi preto da Terra (Só a 35 anos luz do Sol). Posee 3,6 veces a masa da Terra e localízase na constelación Vela.

    Esperase poder averiguar se este astro alberga auga e a posibilidade de vida.






  • Tau Ceti e 

    Atopase moi preto da Terra (11,0 anos luz). É 4,3 veces máis masiva que esta e os datos obtidos dan marxe a que sexa unha de dúas: un lugar cálido como o noso planeta ou un sitio inhóspito como Venus.

PUBLICIDAD

  • HAT-P-11b 

    Atopado en 2009, é un planeta que podería albergar vida. Este corpo, situado na constelación do Cisne, posúe aproximadamente catro veces o radio da Terra e a súa superficie parece estar composta de hidróxeno con cuncas de vapor de auga. Ten unha masa 26 veces maior que a da Terra.

Exoplanet Comparison HAT-P-11 b.png 




BIBLIOGRAFÍA 

  • https://es.wikipedia.org/wiki/HAT-P-11b
  • http://inteligentementeem.wixsite.com/inteligentemente/single-post/2016/07/03/5-POSIBLES-PLANETAS-QUE-PODR%C3%8DAN-ALBERGAR-VIDA
  • https://es.wikipedia.org/wiki/Planeta_extrasolar
  • https://www.vix.com/es/btg/curiosidades/7068/7-exoplanetas-que-podrian-albergar-vida
  • https://exoplanetasliada.wordpress.com/metodos-de-deteccion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.