lunes, 10 de diciembre de 2018

MODELAXE GRANÍTICO.



   MODELAXE GRANÍTICO

É a evolución dun macizo granítico .
O granito é unha rocha magmática plutónica formada en profundidade .
A erosión das capas máis superficiai9s do solo situadas enriba do granito produce que         que diminúa a presión que estos materiais exercían sobre el, e froito desta descompresión o granito fractúrase.
A acción dos axentes xeolóxicos externos sobre estas fracturas orixina formas redondeadas chamadas Caos de Bolos. 
A composición do granito é  tal que así:
  • Composición mineralóxica: o cuarzo é mais resistente que os feldespatos e estos que as micas.
  • Textura, que ten  en conta o tamaño dos minerais ,  a sua  forma, etc.;
  • Diaclasado e fracturción que cando é maior máis se altera a roca.






 Serra Forgoselo








Os procesos do granito son:


  1. DIACLASADO: 
É unha fractura nas  rochas que non vai acompañada do deslizamento dos bloques que determina, non sendo o desplazamento máis que unha mínima separación transversal. Distinguense así das faias, fracturas nas que sí hai deslizamento dos bloques. Son estructuras moi abundantes. Son deformacións fráxiles das rocas.



                         

              



Dolomías , Cuenca







     2. EROSIÓN:


Denominase erosión ao transporte de partículas sedimentarias por correntes superficiais de auga, vento e procesos gravitatorios. As partículas inclúen:

  • Fragmentos de rochas creados por abrasión mecánica pola acción do vento, augas   superficiais, glaciares e expansión-contracción térmica por variacións estacionais ou diúrnas.
  • Solos, os cales son creados pola descomposición química das rochas mediante a acción combinada de ácidos  débiles disoltos en auga superficial e meteórica, hidrólese ,acidos  orgánicos,bacterias , acción de plantas etc.
A pesar de que a erosión é un proceso natural, esta pode ser acelerada fortemente por actividades humanas tales como a deforestación.
Un problema particularmente serio é a erosión costeira propiciada pola construcións en praias, que perturban o fluxo de sedimentos nelas. 

Os tipos de erosión son:

  • Xelivación

  • Interperismo

  • Erosión fluvial

  • Erosión glaciar

  • Erosión subterránea

  • Erosión mariña
  • Erosión eólica
  • Erosión antrópica.

      3. METEORIZACIÓN:

meteorización é a descomposición das rochas e solos  e os minerais a través  do contacto directo coa atmosfera do planeta. A meteorización ocorre in situ, ou "sen movemento", e, polo tanto, non debe ser confundida coa erosión , que implica o movemento de rochas e minerais por axentes como a auga, xeo, vento e gravidade.

Hai dous tipos principais de meteorización:

   1. A METEORIZACIÓN FÍSICA .

Na mecánica ou física a meteorización implica a desagregación das rochas e solos través do contacto directo coas condicións atmosféricas, tales como a calor, auga, xeo, e presión.

 Os fragmentos das rochas resultantes da meteorización mecánica adoitan caer debido á gravidade e acumúlase ao pé das formacións rochosas. Estas acumulacións de fragmentos soltos chámanse pedregais. 

 2. A METEORIZACIÓN QUÍMICA 

 A meteorización química, precisa do efecto directo dos axentes atmosféricos químicos ou biolóxico producidos na ruptura de rochas, solos e minerais. Os materiais producidos pola ruptura da rocha combinados coa materia orgánica xera solo. 

O contido mineral do solo ven determinado polo material parental  un solo derivado dun único tipo de rocha pode ser deficiente en un ou máis minerais para garantir unha boa fertilidade, mentres un solo derivado dunha mestura de diversos tipos de rocha (sedimentos glacial , eólico ou aluvial ) é as máis das veces fértil.




































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.