As plantacións de
eucalipto
O
eucalipto é unha especie exótica invasora, é dicir que se
introduciu un ecosistema ou hábitat natural ou seminatural, e que é
un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, xa
sexa polo seu comportamento invasor, ou polo risco de contaminación
xenética.
Foto: Candela Campello
Os eucaliptos son árbores
perennes, de porte recto. Poden chegar a medir máis de 60 m. o
eucalipto converteuse nunha árbore moi investigada e polémica.
Algúns estudos afirman que biodiversidade das plantacións vese
afectada e que a mesofauna do solo é máis pobre.
A
guerra do eucalipto en Galicia
O Eucalyptus ten un carácter
invasor e capacidade transformadora do medio, e recoméndase extremar
a precaución con calquera outra especie deste xénero cuxo destino
sexa a explotación forestal de alto risco de invsasión.
Foto: Candela Campello
No noroeste de España o
monocultivo está absolutamente descontrolado, isto supón un dano
medioambiental, entre outras cousas por facilitar a propagación de
incendios forestais
Os eucaliptos representan un
3% da superficie forestal española e proporciona o 32% da madeira
que consumen as industrias papeleiras.
Recoméndase extremar a
precaución coas novas introducións e plantacións, e recoméndase
un seguimento local e levar a cabo medidas de erradicación antes de
que se produzca a invasión sempre que se observe naturalización de
calquera especie de Eucalyptus no noso territorio.
O
eucalipto arde máis que outros?
Os eucaliptais teñen unha
elevada susceptibilidade a arder, o que pode explicarse pola
acumulación de follarasca e a presenza de aceites inflamables, que
aumentan a carga combustible.
Foto: Candela Campello
Usos
terapéuticos:
O aceite esencial das follas
do eucalipto é usado como desconxetionante nasal e para combatir
infecións respiratorias. O aceite úsase de forma tópica como
tratamento para dores musculares e de articulacións, asi como para
tratar herper labial.
Utilización
da auga:
-Interceptación polas
copas
En promedio, os eucaliptos que
se plantan con maior frecuencia interceptan unha menor cantidade de
auga da choiva en comparación con algunhas especies que se cultivan
a gran escala. Non obstante a cantidade interceptada depende das
especies específicas de eucaliptos e as condicións climáticas
locais.
-Reservas hídricas do solo
A recarga das reservas de auga
é fundamental para o crecemento dos bosques e o abastecemento
hídrico augas abaixo. Nos climas semiáridos os eucaliptos reducen a
cantidade de auga que penetra nas reservas hídricas do solo en maior
medida que as zonas abertas desprovistas de árbores. Nas zonas máis
húmidas, a escorrentía é maior baixo eucaliptos.
-Capa freática
Si se plantan bloques de
grandes dimensións de eucaliptos de crecemento rápido nun terreo
que anteriormente carecía de árbores, redúcense a aportación de
auga e descende o nivel hidrostático. En rexións máis secas, os
eucaliptos compiten enérxicamente pola auga coa vexetación rasante.
Erosión
do solo:
Para poder establecer
plantacións de eucaliptos é preciso recurrir á escarda a mata
rasa, e este feito pode aumentar o risco de escorrentía e de erosión
laminar da capa superficial. A eliminación de follarasca e de
proteción das existencias deabaixo das árbores pode incrementar a
erosión. Con frecuencia os eucaliptos son utilizados como
cortaventos e poden ser útiles para deter a erosión do vento.
TALA:
Foto:
Candela Campello
Foto: Candela Campello
Fertilidade do solo:
A miúdo afírmase que os
eucaliptos empobrecen os solos, especialmente si se explotan
repetidas veces. Polo contrario, observouse que en realidade os
eucaliptos poden aumentar o estado dos nutrientes do solo cando se
plantan en sitios degradados ou deforestados. Como é natural si se
efectúan extracións moi repetidas, tamén se eliminan os
nutrientes. O efecto do eucaliptos na fertilidade do solo depende
primordialmente do estado do solo antes da plantación, a taxa de
crecemento e os intervalos entre extracións.
Alelopatía:
A influencia dos eucaliptos no
sotobosque depende en gran medida da utilización da auga. Os
eucaliptos fan un uso eficaz da auga.
Hai probas de laboratorio que
nunhas poucas especies de ecaliptos producen substancias químicas
que inhiben a xerminación e o crecemento noutras plantas.
Fauna e flora silvestres:
Polo xeral, as plantacións
conteñen menos especies de animais e plantas que os bosques
naturais, que albergan unha maior riqueza. Os eucaliptos son menos
perxudiciais para a fauna autóctona que os cultivos agrícolas.
Repercusións sociais:
Principais críticas: pérdida
de terra agrícola para a producion de alimentos, a redución do
empleo rural, a desviación dos produtos do bosque dos mercados
locais hacia os usuarios industriais de maiores dimensións e a
transferencia de terras públicas ou comunais a maiores empresas
privadas. Por eso hai maiores desequilibrios na distribución da
riqueza nas comunidades rurais pobres. A veces as grandes
expectativas do cultivo de eucaliptos levaron a desilusión, por non
haber planificado ben ou por plantar especies inadecuadas.
POSIBLES SOLUCIÓNS:
-Poñer un límite de
hectáreas para a plantación de eucaliptos.
-Prohibir ou evitar a
importación de especies invasoras, que poidan alterar os nosos
ecosistemas.
-Ir alternando as distintas
especies nas plantacións.
-Subir
o prezo pola madeira das nosas árbores autóctonas e baixar o das
especies invasoras.
Foto: Candela Campello
Previsións:
As estimacións de Medio Rural
ata 2032 situaban a súa extensión en 245.00 hectáreas.
A extensión do eucalipto no
territorio galego foi imparable nos últimos trinta anos, esta
especie ocupa agora o doble de superficie que en 1986.
Rexeneración do solo:
A rexeneración do solo sería
lenta e complicada, xa que o cultivo de eucalipto deteriora e
maltrata o terreo de plantación. Tardaríase bastante tempo en
recuperar a productividade do solo.
Noticias:
Xeolocalización:
Bibliografía:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2018/04/06/gobierno-considera-eucalipto-especie-clave-desarrollo-medio-rural-gallego/0003_201804G6P6992.htm
https://www.farodevigo.es/galicia/2018/07/19/eucaliptos-galicia/1931031.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Eucalyptus
https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Eucalipto_Galicia.JPG
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.