martes, 26 de junio de 2018

Práctica de disección do alumnado de 3º de ESO

O pasado día 19 de xuño o alumnado de 3º de ESO realizaron a disección de varios órganos no laboratorio de ciencias.



Así poideron estudar a anatomía de riles, ollos corazón e vías respiratorias superiores. E os mais atrevidos practicaron a dar puntos de sutura .

Creación dun estanque no centro

Neste curso 2017/18 o alumnado de 4º de ESO inicio a construción dun estanque no patio do colexio.

A idea é recuperar un espacio abandonado do patio para recrear un ecosistema dun estanque, con dúas rexións diferenciadas. Unha charca pequena para anbibios e outra maior con carpas.












Ademáis de introducir plantas, pedras e troncos que poidan aservir de refuxio a invertebrados e pequenos vertebrados.

As condicións meteorolóxicas unida á magnitude do proxecto fixo que non se rematara completamente, quedando pendente a decoración e introdución de especies vexetais e animais.

Polo que para o vindeiro curso continuaremos co proxecto.


Proxecto ríos: valorando o estado das augas do Río Lambre

O martes 15 de maio o alumnado de 1º ESO acompañado de técnicos da asociación ADEGA achegámonos o Río lambre nas inmediacións do centro para realizar un estudo da calidade da auga.Dita actividade está enmarcada dentro do Proxecto Ríos.


O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos.

Ademáis da toma de mostrar para valorar o pH da auga e osíxeno disolto, analizouse o estado de conservación da contorna do río.

Un aspecto importante desta visita foi a análise do estado da auga mediante o estudo dos organismos que podemos atopar no cauce do río. Tanto flora pero especialmente a presenza de invertebrados que son bioindicadores da calidade da auga.



Tras o estudoi realizado podemos afirmar que o noso río goza de boa saúde.