miércoles, 24 de enero de 2018

Visita á Serra de Forgoselo

O pasado martes 17 de novembro ao alumnado da ESO foron de Excursión á Serra de Forgoselo, situada entre ois concellos de A Capela e As Pontes.





Durante esta actividade o alumnado traballou varios aspectos relacionados co currículo educativo:

En esta visita tiña como unha das finalidades valorar diversos aspectos ecolóxicos da zona. Como son as distintas paisaxes que podemos observar como as zonas de brañas, modelaxes graníticas e a peculiaridade desta Serra na que a explotación semiextensiva de gando equino e vacún, conxuntamente á explotación forestal, fai que se desenvolva un ecosistema de pastoreo característico no que destaca a ausencia en moitas zonas de monte baixo que engade ao valor paisaxístico unha protección fronte aos lumes.


Aspecto dunha das zonas de brañas. A intensa seca deste ano fai que zonas que antigamente nesta época do ano estaban encharcadas poidan ser agora transitables.


As formacións graníticas da zona engaden  un alto  valor paisaxístico a zona



A presenza de gando en réxime semiextensivo, ademáis do valor deste tipo de explotación, engade o valor de  axudar ao control da maleza e protexer contra a expansión dos incendios.


Outro dos atractivos que ademais da un valor engadido a este terreo é a presenza de cogomelos nesta época.


Non obstante tamén puidemos observar en certas zonas impactos sobre estes ecosistemas, como proliferación de eucaliptos, colonización dos toxos nas brañas moi ligado á progresiva seca das brañas polo cambio climático.

Nalgunhas zonas a proliferación de eucaliptos e toxos comeza a ser excesiva, poñendo en perigo o valor natural deste ecositema.


Tamén a resaltar  como esta Serra está moi ligada coa produción enerxética. Primeiro coa proximidade da antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes, actualmente en proceso de rexeneración forestal; e actualmente co establecemento de parques eólicos nas proximidades. 

Ao fondo antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes en proceso de rexeneración

Transitando pola serra co parque eólico ao fondo


Ademais a actividade serviu para traballar outros aspectos como desenvolver actividades físicas na natureza mediante a realización dun percorrido de 7 km pola Serra traballando ademais o manexo do mapa e orientación sobre o terreo, para o cal para a realización da ruta marcouse un percorrido nun mapa da zona.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.