VULCANISMO NAS ILLAS CANARIAS
RISCO VOLCÁNICO
As illas Canarias é a única rexión de España con vulcanismo activo onde houbo erupcións volcánicas e hai risco de que haxa máis no futuro. As erupcións dos volcáns canarios soen ser de tipo efusivo e non moi peligrosas para as persoas, nin moi destrutivas.
|
Erupciones históricas en Canarias / Gevic |
En Tenerife hai risco dalgunha erupción explosiva, porque o volcán Teide podería ter actividade violenta. A probabilidade de que isto pase é moi baixa, pero se sucedese sería moi destrutiva e por iso vixíase con atención a actividade deste volcán.
O vulcanismo nas illas Canarias trae tamén algúns riscos indirectos, entre eles a posibilidade do esvaramento de grandes masas de terreo. Como consecuencia da actividade do volcán vanse formando acumulacións de rocas de moita altura e pouca base que caeron nalgunhas ocasións cara ao mar. Estas grandes avalanchas son as responsables das profundas depresións (caldeiras) que sucan as illas.
|
Caldeira de Bandama / Gran Canaria |
VOLCÁNS
Un volcán é unha abertura na superficie da Terra a través da cal se emite lava. As Illas Canarias naceron dos volcáns e deron lugar a unha explosión de natureza que as fai únicas.
Os volcáns deixaron a súa pegada en cada unha das sete illas, formando cráteres, covas, coadas, caldeiras e mares de lava que a día de hoxe poden ser visitados.
Tenerife
Volcán del Chinyero
Volcán Trevejo ou Arenas Negras
Volcán El Teide
Volcán Pico Viejo
Volcán de Fasnia
|
El Teide |
|
Arenas Negras |
A Palma
Volcán de Tajuya
Volcán de Martín o Tigalate
Volcán de Fuencaliente
Volcán de El Charco.
Volcán de San Juan o Nambroque
Volcán Teneguía
A Caldeira de Taburiente
|
Teneguía |
Lanzarote
Volcán Montaña Colorada
Volcán do Corvo
Volcán do Tinamala
Montañas do Fogo
Volcán do Timanfaya
|
Timanfaya |
A Gomera
Extintos
Fuerteventura
Calderón Fondo
Montaña Caima (cono volcánico)
A alineación do Bayuyo
|
Montaña Caima |
Gran Canaria
A Caldeira de Bandama
O Ferro
Volcán submariño
Volcán do Lomo Negro
|
Submariño |
Ocorreu en 1706 no norte de Tenerife e está considerada como o fenómeno volcánico histórico con maior impacto na isla. Esta erupción durou 40 días e provocou danos en diversas poboacións, principalmente en Garachico.
Este fenómeno non cobrou falecementos, pero afectou ao desenvolvemento de Garachico, sobre todo no ámbito económico. Un dos portos máis importantes da illa dende a colonización europea do século XVI, debido ao seu comercio con América e o resto de Europa, foi cegado pola lava, acompañado por distintos conventos, zonas de cultivo e vivendas.
VÍDEOS: